Voo 266 de Bangkok Airways
Voo 266 de Bangkok Airways | |
---|---|
O avión cinco meses antes do accidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de agosto de 2009 |
Causa | saída de pista |
Lugar | aeroporto de Samui |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Krabi |
Destino | aeroporto de Samui |
Finados | 1 |
Feridos | 41 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | ATR 72-212A |
Operador | Bangkok Airways |
Rexistro | HS-PGL |
Pasaxeiros | 68 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 71 |
O voo 266 de Bangkok Airways era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende o aeroporto de Krabi ata o aeroporto de Samui, en Tailandia. O día 4 de agosto de 2009 o ATR 72-212A que operaba a ruta saíuse da pista na aterraxe e esnafrouse contra unha vella torre de control baleira. Un dos pilotos morreu e 41 persoas resultaron feridas.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado era un ATR 72-212A, con rexistro HS-PGL[1] e número de serie 670. O avión voara por primeiro vez o 6 de xuño de 2001 co rexistro francés F-WWER. Entrou en servizo con Bangkok Airways o 16 de xullo dese ano. O 29 de maio de 2006 entrou en servizo con Siem Reap Airways International, volvendo a Bangkok Airways o 7 de xaneiro de 2009, despois de que Siem Reap Airways International cesasra as súas operacións. O avión fora bautizado co nome Pha Ngan[2] e tiña unhas 20 000 horas de voo.
Accidente
[editar | editar a fonte]O avión esvarou fóra da pista e chocou contra unha vella torre de control que era usada como estación de bombeiros. O accidente ocorreu ao redor das 14:15 hora local (07:15 UTC).[3] O piloto morreu, mentres que o copiloto, que estivo atrapado no avión durante máis de dúas horas, estivo entre os últimos en ser evacuado do avión. Catro pasaxeiros sufriron traumatismos graves: dous británicos, un italiano e un suízo. Un total de 34 persoas resultaron feridas.[4]
A fuselaxe do avión pasou varios anos en estradas en distintas partes de Samui antes de ser afundido en outubro de 2013 como parte do Proxecto de arrecife artificial Majcha Air Samui.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Govindasamy, Siva (2009-08-04). "Fatalities reported as Bangkok Airways ATR 72-500 skids off runway". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2018-12-31.
- ↑ "Bangkok Airways HS-PGL (ATR 42/72 - MSN 670) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-31.
- ↑ "Pilot killed in Thai plane crash" (en inglés). 2009-08-04. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ Hradecky, Simon (4 de agosto de 2009). "Accident: Bangkok Airways AT72 at Koh Samui on Aug 4th 2009, skidded off the runway". avherald.com (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2019.